Boa acollida do servizo de comunicación de incidencias a través do móbil de Oia

A plataforma Línea Verde está a ter unha boa acollida por parte da veciñanza de Oia, que desde finais do pasado ano pode empregar este servizo para comunicar incidencias ao Concello directamente a través do móbil.

Segundo os datos recompilados polo propio servizo “Línea Verde”, as incidencias que máis se teñen comunicado son as relativas a alumeado, seguidas das de beirarrúas e calzadas, as relacionadas coa vespa velutina (avespa asiática) e cos animais abandonados.

O Concello de Oia amósase satisfeito dos resultados que se están a obter e quere agradecer a participación cidadá, a cal amosa a implicación e interese da veciñanza polo seu municipio.

App gratuíta

A App “Línea Verde” é un sistema co que a veciñanza pode comunicar directamente desde o seu teléfono móbil as incidencias e danos no equipamento urbano da localidade.

Esta ferramenta de participación cidadá ofrece un servizo rápido e sinxelo de usar que, ao mesmo tempo, permite ao Concello coñecer as necesidades que existen no municipio e poder dar unha resposta o máis áxil posible.

Para empregar “Línea Verde” cómpre descargar a aplicación (gratis) no móbil ou tablet: a través de Google Play para dispositivos con sistema Android ou da APP Store para dispositivos con tecnoloxía iOS.

Unha vez instalada a aplicación, a persoa usuaria deberá seleccionar o municipio de Oia, elixir “nova incidencia” e indicar que tipo de incidencia é entre as opcións que se presentan. De xeito automático, a aplicación detectará as coordenadas exactas do lugar no que se atopa o problema.

O seguintes pasos consisten en incluír unha fotografía e unha observación sobre a incidencia. Finalmente, o proceso quedará rematado pulsando a opción “enviar”.

Unha vez enviada a incidencia, o persoal do Concello recibirá a notificación e comezará os trámites para solucionala. Cada vez que se produza un cambio no estado da incidencia, o cidadán recibirá a correspondente notificación.

A través desta aplicación o usuario tamén poderá facer calquera consulta medioambiental e, nun prazo máximo de 24 horas, terá unha resposta por parte dun equipo de expertos.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies